Visitas guiadas

Visita guiada ao obradoiro de Panadería da Cunha, para coñecer in situ o proceso de elaboración do noso Pan de Carral. Na visita os interesados percorren dúas partes fundamentais da panadería: o muiño e o obradoiro de pan.

A duración aproximada é de 40 minutos. A visita termina na tenda-exposición onde quen o desexe poderá adquirir e degustar a nosa gran variedade de produtos.

As visitas son gratuítas e realízanse os sábados pola mañá e en grupos reducidos (máximo 10 persoas) previa reserva de praza.

 

Telf. de reservas 981 67 15 33

Correo electrónico visitas@panaderiadacunha.com