Campaña de nadal

1º.- Panadería Da Cunha S.L. (en adiante Da Cunha) con domicilio social en Lugar A Lameira - Tabeaio s/n C.P.: 15.175 Carral - A Coruña e C.I.F. B-15582505 quere poñer en marcha a campaña de Nadal 2016.

2º.- Ésta está composta por tres accións: Cartas aos Reis Magos, Visitas do Carteiro Real e Reserva do Roscón de Reis.

3º.- Cartas aos Reis Magos. Entregaráselle unha carta a cada cliente para que a completen cos seus desexos os cativos da familia. Facilitaranse nos diferentes despachos un Buzón Real no que introducir a súa carta. A cada neno que entregue a súa carta no buzón será agasallado con un Muffin especial de Nadal.

4º.- Visitas do Carteiro Real. Algúns dos despachos de Da Cunha recibirá a visita do Carteiro Real, establecéndose o seguinte calendario:

  • Tabeaio

        Lugar A Lameira, s/n

        Mércores 28 de decembro

        17.00 – 20.00

  • Castrillón

       Rúa Abegondo, 9

       Xoves 29 de decembro

       17.00 – 20.00

  • Oleiros

        Praza dos Areeiros, 1

        Venres 30 de decembro

        11.00 – 14.00

  • Abegondo

        San Marcos

        Luns 2 de xaneiro

        17.00 – 20.00

  • Cambre

         Rúa Ánxel Fole, 5 - O Graxal

         Martes 3 de xaneiro

         17.00 – 20.00

  • Carral

        Avenida dos Mártires, 15

        Mércores 4 de xaneiro

        17.00 – 20.00

 

5º.- Reserva do Roscón de Reis. Os clientes terán á súa disposición tarxetas de reservas no que deberán indicar: o tipo de roscón e o número de unidades que desexa reservar, o seu nome e apelidos, o seu teléfono, o seu correo electrónico e o día que recollerá o seu pedido.

6º.- Os datos facilitados incorporaranse a un Ficheiro inscrito na Axencia Españoña de Protección de Datos, do que é responsable Panadería Da Cunha S.L., denominado “promociones” coa finalidade de xestionalos datos recollidos nas promocións e sorteos dacordo coas bases das mesmas. Todo-los datos solicitados son obrigatorios. Pode exercerlos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición dirixíndose ó Responsable en Lg de Lameiras – Tabeaio, 15182, Carral, A Coruña, adxuntando o seu DNI. Ó cubrir este formulario acepta as bases da promoción que pode consultar en www.panaderiadacunha.com/promociones. No caso de haber aceptado o envío de comunicacións comerciais poderemos remitirlle información do seu interese.

7º.- O cliente deberá marcar unha das seguintes opcións na tarxeta que leve os seus datos: “Se desexa recibir información comercial marque esta caixiña” ou pola contra “Se non desexa recibir información comercial marque esta caixiña”. De non marcarse ningunha das opcións entenderase que non desexa recibir información comercial por parte de Da Cunha.


Logo

Últimas noticias

No pic
Promoción desayunos

jueves, 29 de junio de 2017 10:38:00 +0000


No pic
Promoción helados

lunes, 15 de mayo de 2017 08:29:00 +0000


No pic
Campaña de nadal

lunes, 12 de diciembre de 2016 11:04:00 +0000