Pan de espelta

A "Espelta" e unha variedade de trigo que se cultiva desde fai uns 7000 anos e é considerada como a orixe de todas as variedades de trigo actuais. O non sufrir tantas variacións nin "melloras" como é o trigo común fai que presente menos problemas de alerxias. O seu alto contido en fibra xunto a un bon nivel de proteínas, minerais, vitaminas e oligoelementos faina especialmente indicada para controlar afeccións como o extreñimento, a obesidade, algúns problemas de pel, cefaleas, etc.