Grupo Da Cunha

O GRUPO DA CUNHA foi creado en 1986 por unha familia de panadeiros artesáns de Carral.

Nos primeiros tempos da súa actividade centrouse na elaboración das distintas pezas tradicionais do pan de Carral que se distribuían directamente porta a porta.

Este trato directo cos clientes, unido á calidade do produto, permitiu unha rápida consolidación na zona e, seguidamente, a expansión a concellos limítrofes incluíndo a cidade da Coruña.

A partir deste momento e ante a demanda dos nosos clientes comézase a elaborar produtos de bollería, confitería e empanadas.

Sempre coa vista posta na calidade e conservar os sabores tradicionais, en 1999, inaugurouse o noso muíño que conta con cinco muíños de pedra para a elaboración de fariña de trigo do país a partir de distintas variedades de trigos autóctonos cultivados por agricultores do entorno, fariña de millo, centeo e integrais.

O mesmo tempo fóronse creando establecementos propios de venta directa a clientes, chegando neste momento a dispoñer de 14 establecementos propios na provincia da Coruña.

En 2005 realizouse unha gran ampliación coa inauguración dun novo obrador de panadería dotado de once fornos con soleira de pedra. As novas instalacións permitiron, ampliar a nosa investigación sobre diferentes compoñentes que conforman os diferentes productos que fabricamos, e incorporar unha nova línea de pan precocido coa cal conseguimos que as nosas diferentes opcións de producto, cheguen a todos os puntos da comunidade galega e a outras provincias españolas.

Na actualidade Panadería Da Cunha xunto coas empresas Fariñas Das Mariñas e Panaderias Pereira Fidalgo, forman o denominado GRUPO DA CUNHA, como xa comentamos con 14 establecementos propios para a venta de fariña, pan, empanadas, confitería, bollería e xeadería.

O noso mercado chega xa a máis de 700 pequenos comercios, grandes superficies de toda Galicia e outras provincias españolas.

As novas metas de Panadería Da Cunha céntranse agora, en seguir avanzando na obtención de produtos de calidade, innovadores e beneficiosos desde o punto de vista da saúde e sobretodo en investigar e mellorar os nosos produtos.

 

 

 

 

 

 

 

 

No ano 2017, a Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, apoia a realización do proxecto para empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cunha inversión de 11.820€, para a que se lle concede unha axuda pública total de 11.820€ (o 100% financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural). Panadería Da Cunha pretende, con este proxecto, mellorar a conexión entre os sistemas que conforman a xestión dos procesos de traballo na empresa.

 

1captur1a_jpg

2016 11 07 photo 00000002